B A S E S
PARTICIPANTES
Pode participar calquera persoa, física ou xurídica, de calquera nacionalidade que na data de envío das obras teña cumprido os 18 anos de idade.
Para concursar, rexístrate como Participante e cubre os datos adxuntos: Nome completo e Apelidos, País e Localidade de Orixe do Filme, Dirección Actual d@ Autor@ e DNI ou Pasaporte. É imprescindible cubrir todos os campos para poder subir o filme.
Se o teu Filme cumpre as Bases e resulta elexido Finalista, o 7 de xaneiro de 2013 recibirás un e-mail para comunicarche que fuches admitido a concurso. A decisión será inapelable. A Organización do Festival resérvase o dereito a non admitir as pezas que, segundo o seu criterio, non cumpran as condicións técnicas, artísticas e/ou legais esixidas polo Festival.
FILMES A CONCURSO
__CURTAMETRAXES DE ANIMACIÓN PARA TODOS OS PUBLICOS de libre Temática e Modalidade (Ficción, Documental, Videocreación, Multimedia...) e en calquera Técnica (2D, 3D, Plastilina, Stop Motion...).
A DURACIÓN DA CURTAMETRAXE SERÁ LIBRE, NON PODENDO EXCEDER OS 35 MINUTOS.
__ANIMACIÓNS ORIXINAIS (SEN LÍMITE POR AUTOR) FINALIZADAS DURANTE 2011-2012.
NON SE PODERÁN PRESENTAR OBRAS DIFUNDIDAS EN ANTERIORES EDICIÓNS DE ANIMACAM.
__OS FILMES PODERÁN SER MUDOS, MUSICAIS, CON OU SEN DIÁLOGOS, CON OU SEN SUBTÍTULOS, E EN CALQUEIRA DOS IDIOMAS DO FESTIVAL (GALEGO, ESPAÑOL, PORTUGUÉS, INGLÉS).
REQUISITOS
__SUBIR DIRECTAMENTE O TEU FILME A WWW.ANIMACAM.TV. REXISTRÁNDOTE COMO USUARIO.
PESO FILME: NON SUPERIOR A 200 MB // TAMAÑO: 720X405 PÍXELES.
CARTEL OU FOTOGRAMA FILME (TAMAÑO: 800X600 PÍXELES) (PESO: NON SUPERIOR A 500 Kb)
(TAMAÑO: 86X86 PÍXELES) (PESO: NON SUPERIOR 500 Kb).
FOTO DIRECTOR/A FILME (TAMAÑO: 86X86 PÍXELES) (PESO: NON SUPERIOR 500 Kb).
__ENVIAR UNHA COPIA EN DVD HD E FICHA INSCRICIÓN ASINADA POR CORREO A:
ANIMACAM · Apartado 1.044 · 32080 · OURENSE · ESPAÑA.

Bases






